Para dar de alta unha nova solicitude debe pulsar sobre o botón “Nova solicitude”.
Para completar os datos ou realizar a presentación dunha solicitude iniciada anteriormente debe pulsar sobre “Modificar/Presentar solicitude” e a continuación inserir o código identificador da solicitude iniciada previamente.
Unha vez dentro da solicitude pode gardar os datos introducidos mediante o botón “Gardar”. O sistema amosará un código identificador que debe gardar para poder acceder con posterioridade á solicitude.
Unha vez cubertos os datos da solicitude debe pulsar o botón “Xerar solicitude” que xera un documento pdf cos datos do formulario. Debe firmar este documento pdf e engadir dito pdf asinado na sección “Solicitude (Asinada)”.
Unha vez engadida a solicitude asinada pulse sobre o botón “Presentar” para enviar a solicitude.
Garde o documento pdf a modo de xustificante de presentación que se amosará se o proceso de presentación se realizou correctamente.
Lembre gardar o código identificador para acceder as súas solicitudes.
