COMUNICACIÓN DE RESPONSABLE DA CANLE INTERNA DE INFORMACIÓN DE ENTIDADES OBRIGADAS DO SECTOR PÚBLICO

DATOS DO REPRESENTANTE DA ENTIDADE COMUNICANTE

Indique os datos do representante da entidade comunicante que asina a presente comunicación. O formulario debe asinarse cun certificado electrónico de representante da entidade comunicante e por unha persoa con competencia suficiente. Se a persoa que asina o formulario non dispón de certificado electrónico de representante, cando a representación non derive dunha previsión legal, debe achegar o acto ou acordo en virtude do cal ostenta a representación da entidade.

DATOS DA ENTIDADE COMUNICANTE

ENTES PÚBLICOS DEPENDENTES E MEDIOS COMPARTIDOS NO SECTOR PÚBLICO

Se a entidade comunicante é dependente ou está adscrita a algunha outra entidade pública, debe presentar unha comunicación independente para cada entidade diferenciada, aínda que o sistema interno de información e, eventualmente, o RSII sexa común ás diferentes entidades públicas vinculadas.
Se a entidade comunicante comparte o sistema interno de información con outras entidades públicas, debe presentar unha comunicación independente para cada entidade diferenciada.

RESPONSABLE DO SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN

DATOS DO RESPONSABLE DO SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN NOMEADO (persoa física)

SE SE NOMEOU UNHA PERSOA FÍSICA SUBSTITUTA DO RSII, INDIQUE OS SEUS DATOS

DATOS DO RESPONSABLE DO SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN NOMEADO (órgano colexiado)

Indique na seguinte táboa os datos das persoas que integran o órgano colexiado RSII. No caso de modificación parcial da composición do órgano colexiado RSII (cese dalgunha ou algunhas das persoas que forman parte e nomeamento de novos membros), indique a continuación unicamente os datos dos novos membros do órgano colexiado RSII que foron designados e na sección de cese, os datos dos membros cesados.
Nome Apelido1 Apelido2 NIF Cargo Enderezo electrónico Teléfono Fac. de Xestión Substituto Vixencia Accións
Cargo: Indicar ao lado do cargo o tipo de vínculo coa entidade: funcionario, laboral, eventual, directivo, cargo electo.
Vixencia: Indicar V (vixencia Indefinida), ou en caso contrario, a data de vixencia do nomeamento.

ACTO OU ACORDO DE DESIGNACIÓN

Debe xuntarse certificación do acto ou acordo de designación de RSII, ou enlace se esta publicado no Portal de Transparencia

DATOS DO RESPONSABLE DO SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN CESADO (persoa física ou membro órgano colexiado)

Data do cese: Debe xuntar certificación do acto ou acordo de cese de RSII ou enlace ao acordó se esta publicado no portal de transparencia.
Causas do cese: Se a causa foi “incumprimento das obrigas do cargo de RSII”, indique brevemente en que consistiron os incumprimentos.

DATOS DA PERSOA FÍSICA RSII SUBSTITUTA CESADA:

Solicitude (Asinada)

INFORMACIÓN RELATIVA AO TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

De acordo co Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas con respecto ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o resto de normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, infórmase que:
1) O responsable do tratamento dos datos persoais é a Autoridade Galega de Protección ao Informante (APIGalicia).
2) Os datos de contacto da persoa delegada de protección de datos son santiago@valedordopobo.gal, Rúa Hórreo 65, 15701, Santiago de Compostela, co que pode contactar para calquera cuestións relativas ao tratamento dos datos persoais.
3) A finalidade do tratamento dos datos persoais é a de manter un rexistro actualizado das persoas designadas ou cesadas como responsables do sistema interno de información e do seu histórico e velar polo cumprimento das obrigacións previstas na Lei 2/2023, do 20 de febreiro e no resto de normativa aplicable. 
4) Lexitimación para o tratamento dos datos persoais: é un tratamento necesario para o cumprimento dunha misión en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento (APIGalicia) pola Lei 2/2023, do 20 de febreiro (art. 8.3), de acordo coa atribución de funcións da Autoridade pola Lei 10/2023. En canto ao tratamento relativo ás comunicacións de accións divulgativas en relación co exercicio de funcións das persoas responsables dos sistemas internos de información, este tratamento baséase no consentimento (art. 6.1 a) do RGPD. 
5) Sen prexuízo que se poidan solicitar outros datos que non teñen a consideración de datos persoais de acordo coa normativa de aplicación, os datos persoais que serán obxecto de tratamento son os seguintes: datos persoais da persoa representante, nome, apelidos e DNI da persoa responsable do sistema interno de información ou das persoas que compoñen o órgano colexiado (incluída a indicación da identidade da persoa delegada do órgano), datos das persoas substitutas que se designaron, se procede, datos das persoas representantes, enderezo, cargo da persoa responsable do sistema, órgano de administración ou de goberno que o designou, datos de contacto (teléfono, enderezo electrónica), firma manuscrita/electrónica, causas do cesamento das persoas responsables do sistema; tamén os datos que poidan constar no acordo de nomeamento ou cesamento da persoa responsable do sistema (só entidades do sector público do art. 13 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro) e os que poidan constar na acreditación da representación, se procede. 
6) Non se prevé a comunicación dos datos, excepto por obrigación legal. 
7) Os datos trátanse no marco da actividade de tratamento “Rexistro das persoas responsables dos sistemas internos de información” que consta no Rexistro de actividades de tratamento da APIGalicia.
8) Non está prevista a transferencia internacional dos datos para este tratamento.
9) Os datos conservaranse polo tempo indispensable para o cumprimento da finalidade pola cal se recolleron e ata despois de que se produciu o cesamento da persoa responsable do sistema interno de información só cando o tratamento deixase de ser necesario para as eventuais responsabilidades que se puidesen determinar.
10) Pódense exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, de limitación do tratamento, de portabilidade dos datos e de oposición de acordo con o que prevén os artigos 15 e seguintes do Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril mediante unha comunicación dirixida á Dirección da APIGalicia ao enderezo electrónico apigalicia@apigalicia.gal ou mediante os formularios que para ese efecto están dispoñibles na sede electrónica da Autoridade. 
11) Pode dirixir unha reclamación á Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (APIGalicia), especialmente cando non se obtivo satisfacción no exercicio dos dereitos, mediante a sede electrónica da Autoridade (https://apigalicia.gal) ou por medios non electrónicos (por correo postal) dirixido a Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (APIGalicia), Rúa Hórreo 65, 15701, Santiago de Compostela.